SERVIZOS.

Todos os servizos que proporcionamos.

Servicios de subtitulado accesible

Subtitulado para Persoas Sordas

¿Fixécheste nos nosos colores corporativos? Amarelo, verde, magenta e cian representan a accesibilidade para persoas con discapacidade auditiva segundo a norma UNE 15310. Hai máis estándares no mercado. O bo é que temos experiencia en todos eles.

AD

Audiodescrición Premium

A nosa formación en guión e posta en escena permítenos levar a audiodescrición para persoas cegas a un nivel superior. Esforzámonos en trasladar as intencións de dirección, o ritmo e a atmosfera, para compoñer unha peza de descrición sonora que se funda na obra audiovisual.

Tradución Audiovisual

En lugar de abarcar demasiado, preferimos asegurarnos de facer as cousas ben. Por iso, especializámonos en traducións desde ou ao castelán, inglés, portugués, galego, euskera e catalán. Para tradución de outros idiomas, podes consultarnos.

Tradución de Textos

Especializámonos na tradución de contidos culturais ou relacionados co mundo audiovisual.

Asesoramento en Accesibilidade

Axudamos a empresas e institucións a mellorar a accesibilidade de contidos audiovisuais.

Tradución e Locución Literaria

O noso novo servizo está enfocado ao mundo editorial na creación de audiolibros e na tradución literaria.

O noso sitio web usa cookies. Obtén máis información sobre o noso uso de cookies na nosa Política de Privacidade.